Presentación programación Letras Galegas 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentará en rolda de prensa a programación  conmemorativa do Día das Letras Galegas 2018, adicado a María Victoria Moreno. Estará acompañado polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; polo director de Programas da CRTVG, Fernando Ojea; e polo viúvo da autora, Pedro Ferriol. Será o 14 de marzo na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.

O Día das Letras Galegas de 2018 está adicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. María Victoria Moreno chegou a Galicia no ano 1963 con vinte e dous anos para exercer como mestra e asumiu axiña a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas letras tanto na narrativa, especialmente na infantil e xuvenil, como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. Dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia e participou activamente na vida cultura e política de Pontevedra, onde faleceu en 2005. María Victoria Moreno é a cuarta muller homenaxeada co día das letras en 55 anos de historia.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI