Presentación 'O Noso Reto Solidario'

O xoves 23 de febreiro preséntase na Cidade da Cultura o programa 'O noso reto solidario', unha iniciativa xurdida da alianza de Fundación Roberto Rivas, Fundación Botín e Fundación Amicos dirixida a fomentar a innovación e a colaboración no sector da Economía Social de Galicia.

Cunha experiencia acumulada de 40 empresas creadas e máis de 1.300 entidades sociais que xa participaron noutras edicións, o programa chega por primeira vez a Galicia. Aberto á participación de organizacións sen ánimo de lucro e empresas da economía social, ten como obxectivos fomentar a innovación no sector, promover unha cultura do emprendemento sostible económica, social e ambientalmente e lograr o desenvolvemento de proxectos sociais máis ambiciosos, mellor armados e máis estables.

Os detalles de 'O nosos reto solidario' daranse a coñecer o xoves 23 de febreiro nun acto no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Para participar é necesario inscribirse no seguinte FORMULARIO.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta