Presentación 'Galicia, un relato no mundo'

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentará en rolda de prensa o proxecto expositivo Galicia, un relato no mundo, a primeira gran mostra internacional do Xacobeo 2021. 

A exposición, que se poderá ver no Museo Centro Gaiás a partir do 8 de novembro, explora a interacción entre o territorio histórico de Galicia e o resto do mundo, nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. A mostra examinará o papel de diferentes culturas, pobos e grandes eventos históricos na conformación da historia e identidade galega, pero tamén as relacións e a profunda conexión de Galicia con outros países, sobre todo europeos e americanos, e o seu impacto e presenza no mundo.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta