Presentación Galicia Nomeada

A Xunta de Galicia e a Real Academia Galega, no marco do seu acordo de colaboración en materia de toponimia, presentan a aplicación Galicia Nomeada, ferramenta informática pioneira que permitirá a todas as persoas interesadas contribuír a conservar e pór en valor o rico patrimonio toponímico galego.

O acto de presentación contará coa participación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela; a directora de AMTEGA, Mar Pereira Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Guillermo Ramón Evia Pérez; e o técnico da Real Academia Galega, Vicente Ares Feijoo.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027