Presentación Festival MindoMúsica

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta o festival MindoMúsica nun acto aberto aos medios de comunicación. MindoMúsica achegará música de cámara a Mondoñedo entre o 9 e 12 de xullo da man da violinista mindoniense Rebeca Maseda, que estará acompañada doutros cinco músicos: Antonio Viñuales (violín), Alberto Rodríguez (viola), Iván Siso (violoncello), Yolanda Fernández (clarinete) e Rosalía Gómez (piano).

Esta iniciativa que pretende revalorizar aos grandes compositores mindonienses coma Pascual Veiga ou José Pacheco a través do estudo, interpretación e adaptación da súa música contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música. E por outro lado, o xoves 11 e o venres 12 desenvolveranse os ensaios xerais e dous concertos.

Os concertos terán lugar en dous escenarios: a catedral de Mondoñedo e o auditorio municipal Pascual Veiga, respectivamente. En calquera dos casos, darán comezo ás oito e media do serán e a entrada será de balde ata completar aforo. O primeiro, denominado ‘Unha viaxe de ida e volta’, desenvolverase na catedral e contará con música de W.A. Mozart, A. Webern, J. Turina e obras conservadas no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo. No segundo, ‘Xenialidades varias’, os músicos participantes tocarán no auditorio municipal pezas de A. Gaos, R. Schumann e S. Prokofiev.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI