Presentación Estratexia Galega Cambio Climático e Enerxía 2050

A Cidade da Cultura acolle o venres 15 de novembro a presentación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050. Esta folla de ruta ten como obxectivo global lograr a neutralidade climática de Galicia antes do ano 2050, e, para iso, aposta pola implementación de enerxías renovables, o aproveitamento da absorción de CO2 por parte dos bosques galegos, e a mellora da eficiencia enerxética en todos os sectores.

Ademais da mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro, a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 prevé outros tres ámbitos de actuación: a adaptación para os efectos do cambio climático, a sensibilización da cidadanía e a investigación e innovación. Así mesmo, o reforzo da monitoraxe dos efectos do cambio climático sobre o territorio galego e a mellora dos mecanismos de resposta fronte a eventos climáticos extremos son parte fundamental das pautas de adaptación; mentres que a transferencia de coñecemento e a mellora da concienciación e educación social, xunto a un bo goberno, son presentados como eixos fundamentais para facer fronte ao cambio climático desde Galicia.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada