O venres 19 de xaneiro, ás 12:00 horas terá lugar o acto de presentación dirixido aos medios de comunicación do Entroido dos Xenerais da Ulla 2024, no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura.
Neste acto darase a coñecer a campaña de promoción conxunta, calendario de celebracións e accións de posta en valor deste entroido rural tradicional. Participarán representantes dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces, e integrantes das comisións organizadoras dos entroidos da Ulla. Ao remate convidarase ás persoas asistentes a unha degustación de produtos locais.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h
21 Nov 2026
16.30 h





























