Presentación dos actos de homenaxe a Germán Lago

A Secretaría Xeral de Cultura presenta os actos de homenaxe ao músico galego Germán Lago, fundador e director de diferentes agrupacións musicais de pulso e púa, e que presentou en Madrid en 1929 a Orquesta Ibérica, formación de bandurrias, laúdes e guitarras que contou dende os seus comezos coa favorable atención dos críticos e compositores da Xeración do 27 e numerosos contratos discográficos.

No 50 aniversario do seu pasamento, o seu legado artístico (cartas, fotografías e os cadernos, doados polo matrimonio Esther Casado-Antonio Navarro) chegará ao Arquivo de Galicia para a súa conservación, o seu estudo e a publicación dunha monografía en 2019.

Asemade, o Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acollerá o sábado 4 de novembro un relatorio-concerto en homenaxe. O músico e investigador galego Samuel Diz, autor de Guitarra clásica galega (Ouvirmos) estudia e analiza a biografía musical de Germán Lago xunto co matrimonio Esther Casado-Antonio Navarro, co obxetivo de publicar en 2019 unha monografía agardada polas numerosas formacións de pulso e púa ao longo da xeografía galega e española.

Máis información polo miúdo deste músico e do relatorio-concerto na sección de prensa da Cidade da Cultura de Galicia: http://www.cidadedacultura.gal/gl/novas/concerto-e-relatorio-en-homenaxe...

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h