O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participará na presentación do proxecto Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias. Na sala Eisenman. Intervención aberta aos medios.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con FEUGA, pon en marcha esta iniciativa que, sobre a base dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, desenvolve un catálogo completo de perfís profesionais de futuro, que serve para definir as novas titulacións e especialidades universitarias acordes con estes perfís e coas necesidades e esixencias da sociedade e mercado vindeiros.
























