O 17 de abril preséntase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura o documento marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Este acto inicia ademais o proceso de participación e recollida de achegas para incorporalas ao seu deseño.
O evento está dirixico a representantes de asociacións xuvenís, especialmente das seguintes áreas: deporte, lecer, comunicación dixital e redes sociais, cultura, emprego e emprendemento, formación continua, ensino e voluntariado.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, abrirá a xornada.
O programa inclúe ademais un relatorio sobre Xuventude e lingua galega, e dúas mesas de debate con especialistas en diversas áreas, como dixital-TIC, lecer, deportes, educación, asociacionismo, cultura ou voluntariado.
Máis información e programa nesta ligazón. Pódese realizar online a inscrición para participar na xornada.
























