Presentación de O Gran Camiño, evento ciclista que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro e que busca revitalizar unha carreira clásica como foi a Volta a Galicia, cunha imaxe e posta en escena actualizadas. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participarán neste acto de presentación oficial.
A Volta a Galicia foi unha carreira por etapas que se desputou polo territorio galego dende 1933 (ano da súa primeira edición) e que foise sucedendo durante os anos (aínda que non de xeito continuado) ata o 2000, sendo a partires de 2002 relegada a categoría amateur.
Aínda así, existe unha grande lista de campións que desputaron ou conseguiron o triunfo nesta carreira. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert, Claudio Chiapucci, Frank Vandenbroucke ou Álvaro Pino formaron parte (ou gañaron) nalgunha das súas edicións. Unha proba que sempre atraía a grandes estrelas que contaban coa simpatía dos mellores equipos do mundo, e que cadraban os seus calendarios para dar o mellor dos espectáculos na ronda galega.






















