A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) poñen en marcha o novo curso en liña preparatorio do sistema que certifica a competencia en lingua galega (Celga) no seu nivel 4.
Os primeiros cursos 14 cursos, nos que participarán 420 persoas previamente inscritas, darán comezo o día 3 de abril e desenvolveranse ata o 24 de maio, titorizados por profesorado especialista en lingua galega e no sistema Celga, dirixidos á preparación das probas que a Xunta convocou para o 26 de maio de 2018.
O 26 de marzo na Sala Eisenman da Cidade da Cultura terá lugar unha rolda de prensa de dito curso en liña, coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da AMTEGA, Mar Pereira; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez, e a responsable de imaxin|software, Luz Castro.
























