Presentación do Ciclo Mestre Mateo

O Ciclo Mestre Mateo é un circuito de cinema galego que, unha vez ao mes, exhibe nos lugares que forman parte da rede de salas as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo.

A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense impulsan este programa de cinema dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.

O programa ten como obxectivos facilitar o acceso da cidadanía ao cinema galego, favorecer as proxeccións públicas como actividades colectivas que crean comunidade arredor do cine, contribuir á diversificación das ofertas culturais de concellos e vilas, fomentando hábitos de consumo de programación audiovisual galega e poñer en valor o talento creativo de artistas e profesionais do sector audiovisual

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta