Presentación Día da Ilustración

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o presidente da AGPI, Sergio Covelo, e Xosé Díaz Arias de Castro presentan en rolda de prensa a programación, o cartel e o vídeo do Día da Ilustración 2018, que se celebra o 30 de xaneiro e este ano homenaxea a Camilo Díaz Baliño.

O Día da Ilustración quere homenaxear cada ano un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. Trátase dunha iniciativa da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. En 2017 foi homenaxeado o debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (1903-1956).

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta