Presentación de 'Nós contra a violencia'

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentarán en rolda de prensa a nova campaña de dinamización lingüística 'Nós contra a violencia'.

Trátase dun programa que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. A campaña desenvólvese no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e nela colaboran, alén do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Inclúe actividades (teatro, música, obradoiros) e materiais (escritos e audiovisuais) que se irán dando a coñecer ao longo do ano.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta