Presentación das propostas do PERTE da Cultura de Galicia

O  conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentará xunto ao sector as propostas do PERTE da Cultura de Galicia, no marco do Foro dos Proxectos Culturais e Fondos Europeos en Galicia. No auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura ás 11:00 horas.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, puxo en marcha o Foro Proxectos culturais e fondos europeos en Galicia coa finalidade de ampliar o conxunto de proxectos estratéxicos que Galicia estea en disposición de desenvolver no ámbito da cultura e que poidan optar a recibir financiamento de fondos europeos.

Para que todas as entidades e persoas interesadas puidesen achegar as súas propostas, abriuse un prazo de consulta pública para o envío de propostas, liñas de actuación ou proxectos concretos para a súa valoración de cara á súa inclusión no documento final resultado do Foro.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta