Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, participarán na presentación en rolda de prensa da V Carreira Camiño das Letras, promovida por Xurdir.
Estarán acompañados polo delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; a deportista Esther Pedrosa e o presentador e humorista Roberto Vilar. A V edición da Carreira 'Camiño das Letras' proponse, coincidindo coa celebración do 17 de maio, unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas.
Neste ano 2018 a carreira comezará no Pico Sacro e rematará na Cidade da Cultura de Galicia.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























