Presentación da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas

A Xunta de Galicia presenta o 6 de setembro a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas. O evento contará coa participación de diferentes membros da rede, entre os que se contan, ademais do Goberno galego, a Axencia Galega de Innovación, o Centro de Supercomputación de Galicia, o International Quantum Center de Fujitsu, o Centro de Tecnoloxías Fotónicas (AEPHOS), Gradiant, os Hubs de Innovación Dixital galegos, o Cluster TIC e as tres universidades públicas de Galicia.

O acto terá lugar no salón de eventos do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, o 6 de setembro a partir das 11:30 horas.

As tecnoloxías cuánticas aproveitan as leis da mecánica cuántica para dar lugar a innumerables aplicacións en medicina, medio ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións, finanzas, etc. Presentan moitas facetas como novas formas de computación, avanzados sistemas de comunicación ou novidosos sensores.

Grazas ao seu potencial, agárdase que no futuro próximo sexan capaces de resolver problemas computacionais en menor tempo ou con menor consumo enerxético, obter mellores solucións a cuestións case intratables coa computación clásica tradicional e resolver os problemas de seguridade na transmisión da información.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI