Presentación Business Factory Food (BFFood)

A Xunta de Galicia, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), presenta a Business Factory Food (BFFood), a primeira aceleradora galega do sector da alimentación, o vindeiro 22 de marzo de 2019 ás 10 h. O acto terá lugar en Santiago de Compostela, no edificio CINC da Cidade da Cultura.

Os participantes no acto terán a oportunidade de coñecer de primeira man o programa e os obxectivos da primeria edición da aceleradora que se pon en marcha. Ademais, poderán asistir a unha mesa redonda na que expertos e directivos de empresas galegas alimentarias abordarán os retos que afronta o sector na actualidade, especialmente os relativos á incorporación á Industria 4.0.

A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e CLUSAGA, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem y Torre de Nuñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI