Premios Presume de Galicia 2018

O Clúster de Turismo de Galicia organiza cada ano un concurso que ten como obxectivo premiar as fotografías máis votadas segundo o período de cada concurso, mediante os votos de calquera usuario na páxina web www.presumedegalicia.com. Nesta ocasión, é a entrega de fotos ao Presumidor/a de foto e Presumidor/a de Vídeo.

PARTICIPANTES
Puideron concorrer todas as persoas maiores de idade, sexa cal for a súa nacionalidade, salvo traballadores de Turismo de Galicia, Clúster de Turismo de Galicia e a empresa ou axencia encargada da xestión da campaña, nesta edición A Catro Mans.

TEMÁTICA
As imaxes presentadas deberon estar situadas en Galicia e ter como obxecto destacar a cultura, gastronomía, historia, arquitectura ou costumes do pobo galego. 

DURACIÓN E ÁMBITO
A campaña Presume de Galicia tivo unha duración ata o 30 de novembro de 2018. Cada concurso tivo unha duración dun mes desde que se anunciou o seu inicio, ata que se indicopu o seu final. 

ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS
Os concursantes dispoñeron dun período total de varios meses, ata o 29 de novembro de 2018 para subir as súas imaxes á web. Cada mes mostrouse o ránking na web www.presumedegalicia.com. de fotos máis aplaudidas nese período, por exemplo, votos máis votadas polos usuarios e usuarias en novembro. O ou a concursante que reciba máis votos, en neste caso aplausos, á súa foto, gañará o premio ese mes.  

PREMIOS
Cada mes anunciarase un premio e as condicións do mesmo, que en caso de ser reservas en hoteis, restaurantes ou actividades complementarias sempre estarán suxeitas a dispoñibilidade e a datas concretas de goce. Cada un dos provedores de servizos dará condicións concretas para que o gañador poida gozar do seu premio.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI