O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, entrega os Premios Innovagal de innovación educativa 2022, o 6 de febreiro de 2023 ás 12:30 horas nun acto que acolle a Sala Eisenman da Cidade da Cultura.
Os galardóns desta convocatoria distinguen dúas categorías para os centros públicos dependentes da Consellería:
- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
- Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros de educación e promoción de adultos.
Para cada unha establécese un primeiro premio dotado con 10.000€, un segundo premio con 6.000€, un terceiro premio con 3.000€ e un accésit dotado de 1.000€.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
























