O 16 de marzo terá lugar na Cidade da Cultura a cerimonia de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 2016/2017. Será a partir das 10:30 horas no Salón de Convencións do Edificio CINC.
Os Premios Extraordinarios de Bacharelato son unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para premiar aos alumnos e alumnas de Galicia con mellor expediente académico nos seus estudos de Bacharelato. O alumnado recoñecido con estes galardóns, ademais de recibir un pago en metálico, ten a exención do pago da matrícula no seu primeiro curso de Universidade e opta aos Premios Nacionais de Bacharelato.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h


























