Certame ao que acudirán persoas representantes das entidades do sector pesqueiro, sector público, social e empresarial de Galicia para recoñecer e premiar, nun acto público, os mellores e máis destacados proxectos presentados, que contribúan á creación de emprego na zona pesqueira, á creación de oportunidades para mulleres e mozos/as no sector pesqueiro ou marítimo. Recoñeceranste tamén proxectos que contribúan á innovación no contexto local ou ao fomento do patrimonio ambiental ou cultural marítimo-pesqueiro.
Os Premios Economía Azul teñen carácter bianual e foron creados en 2017 pola Conselleria do Mar para recoñecer os proxectos destacados subvencionados ao abeiro das axudas concedidas ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro co obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
Así mesmo, este certame servirá para difundir, reforzar e dar visibilidade aos programas e o labor desenvolvido polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP).
























