Premios #DígochoEu

A Corporación Radio e Televisión de Galicia convoca  o vindeiro martes 16 de maio a entrega de premios do concurso #Dígocho eu ás 18:00h no Auditorio Fontán.

Trátase dun concurso destinado a centros educativos de primaria e secundaria que impartan a materia de Lingua Galega, dentro ou fóra de Galicia, co obxecto de fomentar a colaboración da xente nova e dos centros educativos na elaboración do programa #DígochoEu para achegar a lingua galega a este sector da poboación.  

Para máis información dos premios, consulta a súa páxina web.

Categorías:

Hai distintos premios para os tres concursos:

Premios especiais do xurado: Haberá dous vídeos vencedores, un de primaria e outro de secundaria, cun premio de 100 euros para aqueles que fagan o mellor vídeo ao estilo #DígochoEu. Tan só hai que subir un vídeo de menos dun minuto a Youtube.

Concurso “unha canción para Esther”: Un concurso no que deberás crear unha canción totalmente orixinal en lingua galega para que a presentadora do programa, Esther Estévez, a interprete. Das cancións enviadas seleccionaranse 5 para ser interpretadas.

-Premios #DígochoEu 2023: Un concurso para os que queiran gravar con Esther Estévez un capítulo do #DígochoEu. Un concurso onde os interesados mandan un guión da súa idea, Esther elixe o que máis lle gusta e irá ao centro escolar dos gañadores a gravar a súa idea e subila a todas a plataformas da CRTVG.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI