A Cidade da Cultura acolle a entrega do premios da terceira edición do certame 'Lingua de namorar', impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de reivindicar a lingua galega como idioma do amor e a transmisión do afecto.
O acto estará conducido pola poeta Yolanda Castaño e contará coas intervencións de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado; e Beatriz González Loroño, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura; que serán os encargados de repartir os premios.
A nota musical estará a cargo do cantautor Manoele de Felisa, que interpretará as mensaxes gañadoras desta edición.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
16 set 2026
De 19:00h a 20:00h






















