Os premios Axentes TIC teñen por obxectivo recoñecer aquelas iniciativas e dinamizadores (axentes TIC ou responsables de aula) que desenvolven accións de transformación dixital e que contribúen a reducir a fenda de acceso e uso das tecnoloxías dixitais e mellorando a empregabilidade e as competencias dixitais da cidadanía.
O 4 de decembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura terá lugar a entrega dos galardóns a aquelas iniciativas máis creativas, orixinais e mellor desenvoltas nas cales se empreguasen algúns dos complementos tecnolóxicos punteiros cos que foron dotadas as aulas CeMIT durante este ano: lentes de realidade virtual, drons, kits de robótica, impresoras 3D ou kits de placas de comunicación e programación.
Existen 2 categorías de premios, dotada cada unha delas de 2.000 euros (no caso de persoa individual) ou 3.000 euros se a solicitude é dun equipo:
- Espazo maker: destinada ás iniciativas destinadas a infancia/mocidade e/ou adultos
- Maiores dixitais: destinada ás iniciativas destinadas a persoas maiores
Os premios Axentes TIC están impulsados pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Rede CeMIT agrupando a 96 aulas de todo o territorio galego.
























