Premios Artesanía de Galicia 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, consciente da importancia social, patrimonial e económica da artesanía galega, aposta por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, organizou os Premios Artesanía de Galicia 2017, establecendo as seguintes modalidades:

1.            Premio Artesanía de Galicia 2017

2.            Premio Traxectoria 2017

3.            Premio Bolsa Eloy Gesto 2017

 

1.  Premio Artesanía de Galicia 2017

Premia a obra que representa as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra tanto nos seus materiais como no desenvolvemento da mesma.

Dotación de 6.000 € e trofeo acreditativo

 

2.  Premio Traxectoria 2017

Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dun/dunha artesán/á galega/o. O premio concédese tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía,  asociacións profesionais de artesáns, ou outros entes públicos e privados que manteñan relación coa artesanía de Galicia, encargadas de facer a presentación das candidaturas. Valorase a traxectoria recoñecida da/o candidata/o, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía

galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía.

Sen dotación económica e trofeo acreditativo.

 

3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2017

Premia a candidatura que presenta unha proposta para a súa formación nun centro de referencia no eido da artesanía e o deseño. Valórase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o curriculum da persoa candidata, e a potencialidade de incorporación deste formación para a elaboración dun produto artesanal innovador.

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h