A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader),dependente da Consellería de Medio Rural, celebra o acto de entrega dos seus premios dirixidos a distinguir iniciativas de desenvolvemento rural innovadoras. En total, serán galardoados oito proxectos que recibirán 10.000 euros cada un para reinvestir na correspondente iniciativa. Os premios entregaranse o 14 de setembro nun acto ás 12 horas na Cidade da Cultura.
As iniciativas galardoadas son as seguintes:
- Veigas de Sabugueiro (Vilar de Santos, Ourense), empresa orientada a utilizar un recurso natural abundante en Galicia -o sabugueiro- para facer produtos como licores, marmeladas ou cervexa. Premiado no apartado agrogandeiro.
- Cooperativa Levinred (Leiro, Ourense), que desenvolveu unha marca de cosmética natural cuxo elemento principal é o viño tinto artesán. Recibe a distinción para persoas novas menores de 40 anos.
- Trasdeza Natur (Silleda, Pontevedra), un proxecto que transforma produtos de horta ecolóxicos con técnicas de deshidratado natural e empregando tecnoloxía solar. Galardonado na categoría de innovación tecnolóxica.
- Iniciativa para a recuperación de terreos abandonados no concello de Miño. O proxecto está a volver a pór en produción terras en desuso para cultivo de tubérculos como patacas ou cebolas. Premio na categoría de loita contra o abandono.
- Turisa Galicia (Silleda, Pontevedra), premiada no apartado de turismo polos servizos de rutas personalizables que ofrece na Ribeira Sacra.
- "Mulleres de seu", un proxecto da cooperativa Clun que consiste nunha serie de accións formativas, encontros e xornadas de traballo dirixidos a favorecer a integración das mulleres nas cooperativas. Galardonado na categoría de iniciativas encabezadas por mulleres.
- Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense, premio no apartado de interese social polos seus talleres de estimulación terapéutica e apoio psicolóxico aos coidadores.
- Festival da Luz (Boimorto, A Coruña), que recibe o premio no apartado cultural.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026






















