Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia

A Cidade da Cultura é o escenario elixido para disputar a final do Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia. O Museo Centro Gaiás será o espazo de traballo dos gañadores dos concursos de pinchos das sete cidades galegas. Alí, sen trampa nin cartón, os chefs cociñarán en directo os pratos nunha Gala Show Cooking que supón un desafío loxístico.

O conxunto de edificios deseñado por Peter Eisenman converterase así por un día nunha enorme cociña contemporánea. Cada cociñeiro contará cun espazo no Museo, adaptado ás súas preferencias e organizado en función das necesidades de elaboración da tapa. Ademais, disporá dos ingredientes necesarios para elaborar o prato nas mellores condicións. Haberá un office común no que os axudantes realizarán o resto das tarefas precisas. Os chefs rematarán os pratos fronte ao xurado e os convidados, permitíndolles coñecer as múltiples técnicas empregadas nestas pequenas xoias culinarias.

O obxectivo deste dispositivo tan complexo é, con todo, ben sinxelo: mostrar a puxanza e a calidade da gastronomía galega.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027