O vindeiro xoves 19 de maio o CINC acolle unha sesión informativa na que se darán a coñecer os requisitos e trámites precisos para realizar a presentación de candidaturas ao programa do Polo de aceleración do sector dos videoxogos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade desenvolve este programa ao abeiro do seu Hub Audiovisual da Industria Cultural e coa colaboración da asociación Videoxogo.gal como entidade encargada da súa xestión.
O encontro correrá a cargo de Jacobo Sutil, director da Asociación Galega das Industrias Culturais, e contará coa intervención de Luz Castro, presidenta da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos (Videoxogo.gal).
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























