Pobre Asunción!: A violencia de xénero na prensa

A Biblioteca de Galicia amosa na entrada das súas instalacións, na Cidade da Cultura, a exposición Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa, na que se recompila o tratamento da violencia machista na prensa desde o século XIII ata os nosos días. 

Unha mostra que toma como punto de partida, inspiración e referencia a Asunción González, unha moza de Ourense convertida na primeira vítima documentada de violencia de xénero no ano 1891. Asasinada por un veciño polo simple feito de non correspondelo nos seus sentimentos e manter unha relación con outra persoa. Precisamente, o título Pobre Asunción provén do epitafio na lápida da vítima, encargada polo seu mozo daquela, Juan Xesta, quen chegou a ser arquiveiro no Museo de Ourense.

Esta exposición forma parte da programación ao redor do 25 de novembro (25-N) Día internacional contra a violencia de xénero, para sensibilizar contra esta lacra e amosaro compromiso de con esta loita desde todos os ámbitos e institucións, tamén as culturais como a Cidade da Cultura de Galicia.

Esta recompilación e viaxe xornalística ao seu tratamento na prensa serve para amosar como co concepto de 'violencia de xénero' dá nome dun problema que ata hai pouco formaba parte da vida privada das persoas; era considerado un asunto de familia que non debía transcender de portas para fóra e , polo tanto, non que non se debía intervir. Durante moito tempo, este status como asunto privado só era alterado cando a prensa se facía eco dalgún crime sanguento consecuencia deste tipo de violencia, que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo. 

O material xornalístico compleméntase con documentos literarios e arquivísticos, con obxecto de ofrecer unha visión de conxunto dun fenómeno dramático do que hai constancia desde hai centos de anos. A mostra comeza no século XIII e abrangue un longo período no que a discriminación da muller formaba parte integrante dos textos legais ata a toma de consciencia das últimas décadas, reflectida en medidas como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero ou o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A historia da moza Asunción González, morta en Ourense en 1891, inspira e dá título a exposición que se articula ao redor dos seguintes dez apartados:

1. A violencia de xénero antes do nacemento da prensa

2. As primeiras noticias da violencia de xénero na prensa galega

3. A historia da pobre Asunción

4. Literatura e crónica de sucesos

5. A violencia de xénero como «crime pasional»

6. As revistas ilustradas: a violencia de xénero adquire rostro

7. A violencia de xénero na prensa sensacionalista

8. Prostitución e violencia de xénero

9. Sensibilización social

10. A violencia de xénero na prensa actual.

Un dos obxectivos desta  exposición  é pór en valor o importante patrimonio hemerográfico que custodia a Biblioteca de Galicia. O que se mostra nela é só unha parte mínima do que se conserva. Os xornais e revistas que se expoñen son os vehículos para dar voz do outro obxectivo desta exposición, dar a coñecer unha pequena parte da historia de “violencia de xénero” a parte do que nos contaron as páxinas dos xornais galegos.

 
Exposicións
 
 
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas
2 OUT 2020 - 17 XAN 2021
De martes a domingo | De 10 a 20 h
6 NOV - 4 ABR
De 10 a 20 horas
12 NOV 2020 - 7 MAR 2021
De luns a domingo | De 10 a 20 h
17 OUT - 21 DEC
De luns a domingo | De 10 a 20 horas