Pobre Asunción!: La violencia de género en la prensa

A Biblioteca de Galicia ofrece na entrada das súa exposición Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa que recompila o tratamento da violencia machista na prensa desde o século XIII ata os nosos días, e que toma como punto de partida e referencia a Asunción González, unha moza de Ourense convertida na primeira vítima documentada de violencia de xénero no ano 1891 e que foi asasinada por un veciño polo simple feito de non correspondelo nos seus sentimentos, e manter unha relación con outra persoa. Precisamente, o título Pobre Asunción provén da inscrición na lápida da vítima, encargada polo seu mozo daquela, Juan Xesta, quen chegou a ser arquiveiro no Museo de Ourense.

Esta exposición forma parte da programación ao redor do 25 de novembro (25-N) Día internacional contra a violencia de xénero,  para sensibilizar contra esta lacra na que nos debemos comprometer desde todos os ámbitos e institucións, tamén as culturais como a Cidade da Cultura de Galicia, e na que na actualidade tamén xogan un papel moi importante a prensa para lograr unha maior conciención social contra calquera forma de maltrato contra as mulleres.

No entanto, esta recompilación xornalística tamén serve para amosar como co concepto de 'violencia de xénero' dá nome dun problema que desde hai pouco foram parte da vida privada das persoas; era considerado un asunto de familia que non debía transcender de portas para fórae , polo tanto, non que non se debía intervir. Durante moito tempo, este status como asunto privado só era alterado cando aprensa se facía eco dalgún crime sanguento consecuncia deste tipo de violencia, que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo. 

O material xornalístico compleméntase con documentos literarios e arquivísticos, con obxecto de ofrecer unha visión de conxunto dun fenómeno dramático do que hai constancia desde hai centos de anos. A mostra comeza no século XIII e abrangue un longo período no que a discriminación da muller formaba parte integrante dos textos legais ata a toma de consciencia das últimas décadas, reflectida en medidas como a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero ou o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A historia da moza Asunción González, morta en Ourense en 1891, inspira e dá título a exposición que se articula ao redor dos seguintes dez apartados:

1. A violencia de xénero antes do nacemento da prensa

2. As primeiras noticias da violencia de xénero na prensa galega

3. A historia da pobre Asunción

4. Literatura e crónica de sucesos

5. A violencia de xénero como «crime pasional»

6. As revistas ilustradas: a violencia de xénero adquire rostro

7. A violencia de xénero na prensa sensacionalista

8. Prostitución e violencia de xénero

9. Sensibilización social

10. A violencia de xénero na prensa actual.

Un dos obxectivos desta  exposición  é pór en valor o importante patrimonio hemerográfico que custodia a Biblioteca de Galicia. O que se mostra nela é só unha parte mínima do que se conserva. Os xornais e revistas que se expoñen son os vehículos para dar voz do outro obxectivo desta exposición, dar a coñecer unha pequena parte da historia de “violencia de xénero” a parte do que nos contaron as páxinas dos xornais galegos

 
Exposiciones
 
22 JUL 2020 - 10 ENE 2021
De 10 a 20 horas
2 OCT 2020 - 17 ENE 2021
De martes a domingo | De 10 a 20 h
6 NOV - 4 ABR
De 10 a 20 horas
12 NOV 2020 - 7 MAR 2021
De lunes a domingo | De 10 a 20 h
17 OCT - 21 DIC
De 10 a 20 horas