Plan Formativo para o Persoal das Industrias Culturais e Creativas - Agatec

A Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (Agatec) para a posta en marcha do Plan Formativo para o Persoal das Industrias Culturais e Creativas, que se desenvolverá de xeito presencial e gratuíto entre os meses de outubro e novembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O colectivo organiza tres cursos teórico-prácticos especialmente pensados para persoal técnico e directivo no ámbito dos servizos tecnolóxicos e de alugueiro de equipos para espectáculos e eventos culturais. Así, o curso de electricidade para a montaxe de eventos terá lugar do 5 ao 9 de outubro, o de rigging e estruturas escénicas do 19 ao 23 de outubro e o de vídeo e pantallas multimedia do 2 ao 6 de novembro.

Os tres celebraranse de xeito presencial e estarán a cargo de 10 formadores profesionais. Todos eles se desenvolverán no Museo Centro Gaiás, en quendas de mañá (de 10.00 h. a 14.00 h.) ou de tarde (de 16,30 h. a 20.30 h.).

A Agatec é unha asociación de recente creación que conta na actualidade con nove empresas adheridas: Cega Audiovisuales, Emsac, Global Setup, Emsac, Igmar, Imaxson, Kachet, Sacaferro e Vacaline. Ao remate, os participantes recibirán por parte da Agatec un certificado acreditativo da súa asistencia ao curso específico no que se recoñeza a formación impartida, o número de horas e a superación da proba de avaliación. Para obter o certificado será preciso ter cumprido a asistencia a un mínimo do 80% das horas do curso.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI