Piñeiros 26

A Cidade da Cultura de Santiago acolle o martes 20 de outubro ‘Piñeiros 26: VI Foro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia’. O evento, organizado pola Fundación Arume, convertiuse xa nunha cita clave a nivel internacional para toda a cadea forestal – madeira, pois aborda cada ano innovacións e tendencias, tanto a nivel forestal como da cadea industrial dos piñeiros.

Este ano, Piñeiros 26 contará con Finlandia como país convidado, con ponentes que explicarán as claves forestais e industriais da cadea de coníferas do país escandinavo. Finlandia destaca pola súa riqueza forestal, con bosques boreais nos que as coníferas son as protagonistas, principalmente o piñeiro silvestre e os abetos, que ocupan arredor do 90% das masas boscosas, en tanto as frondosas caducifolias, sobre todo os bidueiros, ocupan o 10% restante. Esa riqueza forestal correspóndese cunha importante tradición de construción con estruturas de madeira, así como cunha potente industria de aserrado ligada á carpintería e interiorismo.

O foro contará cunha sesión inaugural na que está prevista a intervención de Antón García Abril, arquitecto multipremiado e profesor titular na Escola de Arquitectura e Planificación do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). A esta seguiranlle tres bloques temáticos principais, que abordarán o papel da construción en madeira na promoción de vivendas, o asociacionismo no monte e a vinculación do piñeiro coa identidade cultural.

En edicións anteriores, Piñeiros contou coa presenza como países convidados de Chile e Uruguai, Francia, Euskadi e Portugal.

Máis información e programa completo na web da Fundación Arume.

 
 
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
1 Ago — 6 Set 2026
De martes a domingo
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
5 Set 2026
De 17:00h a 20:00h