Outlet Solidario

Fundación Santiago Centro,  Área Comercial, organiza por segundo ano consecutivo o Outlet Santiago Centro, unha actividade comercial e solidaria que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia entre os días 17 e 19 de novembro.

Comerciantes do Ensanche compostelán, e de toda a cidade, ofrecerán ao público as mellores ofertas en produtos variados. O éxito de público da primeira edición fixo que en 2017 Santiago Centro programe a ampliación do espazo de exposición, para dar cabida a máis comercios e produtos.

Neste Segundo Outlet Santiago Centro estarán presentes propostas de sectores como a moda de cabaleiro, señora, xuvenil e infantil; calzado; decoración e fogar; regalo e complementos; cosmética e perfumes; ou xoiaría e reloxos. Santiago Centro porá a disposición dos visitantres un autobús lanzadeira gratuíto, que permanecerá activo durante o horario de apertura ao público enlazando a rúa da Rosa coa Cidade da Cultura de Galicia.

ACTIVIDADES E ACCIÓNS SOLIDARIAS

Ademais da exposición comercial, no Outlet levaranse a cabo un programa de actividaes paralelas dirixido ao público familiar, que inclúe obradoiros para os máis pequenos ou representacións teatrais. Ademais, a cita ten un marcado carácter solitario, con accións como a segunda edición da campaña Un billón de estrelas. Nela, pequenos e grandes poderán participar nun obradoiro de elaboración de estrelas, que despois se colgarán nun “firmamento solidario” cun custe simbólico de 1€, destinado a financiar proxectos de Down CompostelaAsanog e a delegación galega da asociación Alfa1.

 

Máis información: http://outlet.santiagocentro.gal/

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI