Os nomes xeográficos e o mundo dixital

O 21 de setembro celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co título Os nomes xeográficos e o mundo dixital.

Os nomes xeográficos son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia. Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples escalas. Como parte fundamental que son do patrimonio cultural inmaterial, é necesario conservalos, normalizalos e difundilos usando as novas tecnoloxías co obxectivo de proxectalos cara ao futuro. A creación de recursos dixitais adaptados aos novos retos da sociedade actual permite fomentar o uso da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en diversas disciplinas ou para a xestión do territorio.

Este é o camiño que están a seguir, a distintos ritmos, as comunidades autónomas para a creación dos seus respectivos nomenclátores xeográficos, respectando os estándares establecidos polas autoridades competentes, tanto no ámbito lingüístico coma no xeográfico, e cumprindo co modelo de datos interoperables que esixe a directiva INSPIRE da Comunidade Europea.

O programa incluirá, entre outros relatorios, unha intervención sobre Galicia Nomeada a cargo do coordinador da unidade técnica de toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, Vicente Feijoo, que representa a RAG na Comisión Especializada de Nomes Xeográficos xunto á académica correspondente Luz Méndez; haberá distintas contribucións sobre a elaboración e a actualización dos nomenclátores xeográficos de Andalucía, Illes Balears, Asturias, o Instituto Xeográfico Nacional e o Instituto Nacional de Estatística a cargo de María Teresa Garrido, Eulàlia Fons Carbonell, Juncal Mónica García Velasco, Angélica Castaño Suárez, María Natalia Fojo Díaz, respectivamente; Maite Mollà Villaplana presentará un traballo sobre a elaboración da segunda edición das directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas e outras publicacións; e Marcos F. Pavo López falará sobre a toponimia en mapas antigos como ferramenta para trazar a súa liñaxe, deténdose na transmisión do topónimo "Elcano" na cartografía dos séculos XVI e XVII.

A Xornada está organizada pola Comisión Especializada de Nomes Xeográficos e o Instituto Xeográfico Nacional en colaboración coa Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG).

Máis información e programa da xornada AQUÍ.

 
 
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
De martes a domingo
21 Xuñ - 26 Nov 2023
Bosque de Galicia
21 Xuñ - 26 Nov 2023
4 Xul 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Xul - 15 Out 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 Xul - 5 Nov 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Ata o 7 Xan 2024
De luns a domingo | De 10 a 20 h
12 Set 2023 - 20 Xuñ 2024
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
29 Out, 3 Nov e 26 Nov 2023
19.00h e 20.00h
29 Out, 3 Nov e 26 Nov 2023
Ás 19.00 e ás 20.00 horas