Os dereitos nos proxectos e a súa negociación con socios, canles e plataformas

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de maio unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados cos dereitos audiovisuais e a negociación con canles e plataformas que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e coa colaboración de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). O director da Agadic, Jacobo Sutil, participará na apertura da xornada.

Baixo o título ‘Os dereitos nos proxectos e a súa negociación con socios, canles e plataformas’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións relacionadas cos detalles na negociación nun contrato de coprodución internacional, a IP dos proxectos ou o papel das canles e plataformas na negociación coas produtoras.

PROGRAMA

‘Os dereitos nos proxectos e a súa negociación con socios, canles e plataformas’

Data: 11 de maio 2021

Plataforma: Zoom

10h-10.15h. Benvida

Intervén: Jacobo Sultil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

10.15h- 11h. A importancia da IP dos proxectos en mans das produtoras.

Intervén: Alfonso Blanco, Portocabo.

11h-11.45h. Os detalles importantes na negociación dun contrato de coprodución audiovisual.

Intervén: Mercedes de Parada, Letradox Abogados.

11.45h-12.30h. O papel de canles e plataformas na negociación coas produtoras.

Intervén: Iker Ganuza, Lamia Producciones.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada