Obradoiro: 'Xestión e dirección'

O martes 4 de setembro terá lugar un novo obradoiro destinado a persoas emprendedoras dentro do programa de formación e titorización do Centro de Emprendemento do Gaiás. Esta sesión abordará cuestións chave para o bo goberno e xestión dos proxectos empresariais.

Explicaranse as distintas fórmulas xurídicas que poden adoptar as empresas, así como as particularidades da cooperación público-privada. Tamén se falará do proceso organizativo interno, propoñendo estratexias para a xestión e liderado dos proxectos empresariais. Na última parte do obradoiro realizarase unha introdución a conceptos básicos de contabilidade para Pemes, analizando casos reais que se completarán cun repaso a conceptos básicos de fiscalidade.

A formación será impartida por Raquel Freire, profesional con ampla experiencia no lanzamento ao mercado de iniciativas emprendedoras, ben como asesora e tutora de proxectos, ben conducíndoos de primeira man. Docente especializada en metodoloxías de xeración de ideas e no desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica, ten acompañado proxectos de ámbitos moi diferentes, tanto tecnolóxicos como culturais e sociais.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI