Nun marco xurídico pensado para sociedades e compañías de todo tipo, as especiais características, necesidades e obxectivos de moitas empresas, converten ao pacto de socios nun instrumento necesario para regular de forma clara, concreta e expresa os múltiples aspectos das relacións entre os seus socios, sobre todo, naqueles sectores especialmente dinámicos nos que os seus axentes deben ser flexibles, áxiles e con capacidade de adaptación ás esixencias do mercado.
Como e cando debe asinarse un pacto de socios? É preciso en todos os casos? Cal debe ser o seu contido e cal é a súa relación co ordenamento xurídico? Un pacto de socios é un signo de desconfianza ou un garante do éxito dun proxecto?
O obxectivo do obradoiro é expoñer de forma teórica e práctica que é e para que serve un pacto de socios, cales son os seus principais características, e abordar as posibles dúbidas que desde un punto de vista xurídico empresarial poidan ser formuladas polos asistentes.
Alberto Prieto Rodriguez, abogado experto en dereito económico e mercantil e en sociedade da información. Compatibiliza o exercicio profesional coa docencia en diversas materias relacionadas co mundo da empresa: comercio exterior, marketing, estruturas de mercado, dereito mercantil.




















