Obradoiro con Tino Soriano: 'Axúdame a mirar'

A Asociación de profesionais da fotografía e a imaxe de Galicia, ASFOGAL, organiza o próximo 14 de outubro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura un encontro cun dos grandes mestres da fotografía actual, Tino Soriano.

A súa ponencia, “Axúdame a mirar: as claves para narrar unha historia” convida a descubrir como transformar imaxes en relatos que emocionan e transcenden.

Tino Soriano é un fotógrafo, docente e escritor nado en Barcelona e posuidor de numerosos recoñecementos nacionais e internacionais. Foi premiado pola Unesco en varias ocasións e tamén recibiu a prestixiosa Lente de Prata Mexicana. Posúe ademais catro galardóns Fotopres, Fotógrafo Español do Ano Fujifilm 1995, NikonPro-2002, Canon-Europa, a distinción humanista “The Essence of Humanity” de Nova Zelandia e o trofeo fotoxornalístico máis prestixioso do mundo, o World Press Photo, concedido en 1999 na categoría Arte.As prazas son limitadas e as inscricións ao obradoiro poden realizarse no correo asfogal@gmail.com.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027