Galicia lidera a oferta termal en España, ofrecendo un abanico de posibilidades: 21 balnearios, 3.000 prazas hoteleiras, 150.000 usuarios anuais dan fe diso. As súas augas termais son un recurso de primeira orde, destacando a súa abundancia, calidade e singularidade. De feito, é a comunidade con maior número de establecementos termais con Q de calidade estatal.
Ante esta situación, este novo Foro do Grupo Correo Gallego busca debater sobre a planificación do turismo termal a medio e longo prazo, incidindo en factores como o grao de especialización, desestacionalización da demanda, diversidade da demanda (turismo familiar, turismo social, turismo de saúde). Ademais, a xornada tratará de buscar fórmulas para afrontar os retos que se lle presentan ao sector: innovar nas instalacións, potenciar a internacionalización, incremento da competitividade, mellora da formación do persoal...
Por último, o foro tratará de analizar as ferramentas de promoción empregadas polos distintos axentes implicados no sector, destacando os recursos que a Administración pública dirixe cara á planificación e consolidación do turismo termal en Galicia, resaltando especialmente o Plan de Turismo Termal da Provincia de Ourense.
Consulta o programa na área de descargas.























