O saber facer como patrimonio

Na mañá do martes 17 de decembro, o Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña, organiza no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o seminario O saber facer como patrimonio. Os oficios artesanais na arquitectura contemporánea.

Participarán como poñentes profesorado da UDC, vencellados ao CISPAC: Fernando Agrasar, Luz Paz e Ruth Varela da ETSAC e David Peón da Facultade de Economía e Empresa. O arquitecto da ETS de Arquitectura de Madrid, Alejandro García Hermida, impartirá unha conferencia sobre o labor da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales, da que é director.

No seminario, presentarase o informe Sistemas Artesanais en Galicia. Unha ollada contemporánea, do Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia), autoría de profesorado da UDC e o CISPAC. Contarase coa presenza do presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, e do Director científico do CISPAC, Lourenzo Fernández.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta