A Cidade da Cultura acolle o martes 14 de novembro a presentación dos resultados e proxectos de 'O noso reto solidario', iniciativa xurdida da alianza de Fundación Roberto Rivas, Fundación Botín e Fundación Amicos dirixida a fomentar a innovación e a colaboración no sector da Economía Social de Galicia.
Aberto á participación de organizacións sen ánimo de lucro e empresas da economía social, 'O noso reto solidario' ten como obxectivos fomentar a innovación no sector, promover unha cultura do emprendemento sostible económica, social e ambientalmente e lograr o desenvolvemento de proxectos sociais máis ambiciosos, mellor armados e máis estables.
A través do programa, as entidades seleccionadas recibiron formación e mentoría baixo metodoloxías de emprendemento social, desenvolvendo a súa idea para convertela nun proxecto sostible, de maior calado e en colaboración con outras entidades participantes. O 14 de novembro no Auditorio 2 do Edificio CINC, terán ocasión de expor o traballo realizado ante o Comité de Evaluación, que decidirá cales reciben apoio adicional —un mínimo de 6.000 euros de capital semente, apoio xurídico para determinar o marco da colaboración e apoio no asesoramento e desenvolvemento tecnolóxico dos proxectos— para implantar o seu proxecto.
Programa da xornada
- 10.00 - 10-05 Benvida institucional
- 10.05 - 10-15 Presentación de resultados da iniciativa 'O noso reto solidario'
- 10.30 - 11.30 Exposición de proxectos participantes
- 11.30 - 12.00 Deliberación do xurado
- 12.00 - 12.15 Clausura
- 12.15 - 13.00 Café final
























