Novas profesións na industria turística do século XXI

En apenas unha década, as compañías tecnolóxicas substituiron ás petroleiras e ás enerxéticas no ranking mundial de capitalización bursátil. Ao mesmo tempo, estas compañías requiren 25 veces menos empregados que as de antaño. A substitución dos traballos humanos por robots xa comezou, liberando ás personas de tarefas rutinarias e alienantes. En consecuencia, o futuro laboral dos seres humanos estará máis centrado na creatividade e a liberdade. O 30% dos traballos que realizaremos nos próximos 20 anos non se coñecen na actualidade. Cales serán estas novas profesións no futuro do turismo?

Programa

9:00 | Benvida.

9:15 | Novas Profesións Turísticas (1a parte).

  • A era das máquinas intelixentes. O avance tecnolóxico é exponencial e gran parte das novas plataformas axudan de modo moi rendible á toma de decisións que, a súa vez, multiplican a rendibilidade das empresas.
  • Impacto actual e futuro do 'machine learning' no PIB mundial.
  • Paradoxo do traballo alienante e menguante.
  • Auxe da robótica de software e dos artefactos intelixentes (robots móbiles, robots caseiros, fabricación robótica, drons).
  • A doble revolución global e dixital no mundo laboral.
  • Historia da Primeira, Segunda e Terceira Revolución Industrial.
  • Ludismo frente á análise gaussiana do traballo produtivo. Evolución dos custos laborais na produción de bens e servizos.

 11:00 | Café pausa

 11:30 | Novas Profesións Turísticas (2a parte)

  • Profesións turísticas en perigo de extinción.
  • Deslocalización - relocalización: unha viaxe de ida e volta no mundo empresarial.
  • Teoría da longa cola aplicada ao ámbito laboral.
  • Hombres contra máquinas e o proceso de substitución nas relacións laborais.
  • O home aumentado, paradigma da nova forza do traballo.
  • Habilidades futuras dos traballadores na industria turística.
  • Anticipo das novas profesións turísticas. Os traballos que veñen na próxima década.

13:30 | Mesa de debate. Tendencias hoteleiras de 2017 

14:30 | Xantar 

16:30 | Hotel Ideas / Ronda de networking

17:30 | Os Aloxamentos do Camiño de Santiago con Fernando Gallardo 

18:30 | Fin da xornada

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h