Novas diásporas: a nova vaga de emigración galega en contexto

A crise económica de 2008 marca un punto de inflexión nos movementos de poboación en Galicia e dá lugar ao arranque dunha nova vaga de emigración. Países que xa foran destino da emigración galega nos anos cincuenta e sesenta como Suíza, Francia, Reino Unido ou Alemaña volven dar acollida a milleiros de emigrantes.

Porén, nesta ocasión quen marcha a Europa faino ao abeiro da libre circulación de persoas en territorio comunitario e tamén o fai con máis credenciais educativas na maleta. Este recente proceso migratorio ten lugar nun contexto social e laboral que rexistrou profundas transformacións e que se caracteriza por unha ampla precariedade no marco da emerxencia de mercados laborais globais e unha elevada circulación do talento.

Asemade, a utilización de novas ferramentas de comunicación vinculadas á expansión de Internet, como as redes sociais, favorecerá o desenvolvemento de novas formas asociativas e de activismo político e cultural, que facilitarán tamén o desenvolvemento dos proxectos migratorios e darán lugar a diásporas virtuais.

A todos estes fenómenos arredor da nova diáspora galega se achegará este seminario, que reunirá a persoal académico, pero tamén a representantes de asociacións e colectivos galegos na diáspora.

Programa

8 de outubro | Auditorio da Biblioteca de Galicia | Cidade da Cultura de Galicia

  • 10:00 horas | Sección III Estudos de caso. Construíndo unha nova axenda de investigación
  • 10:00 horas | Marina Richter, profesora na Escola de Traballo Social HES-SO Valais/Wallis: O caso de Suíza [videoconferencia]
  • 10:45 horas | Pausa
  • 11:15 horas | María González Blanco, investigadora en CC. da Educación, Universidade de Santiago de Compostela: O caso de Alemaña
  • 12:00 horas | Antía Pérez Caramés, profesora de Socioloxía, Universidade da Coruña. Sandra López Pereiro, doutoranda en Socioloxía, Universidade da Coruña
  • 13:00 horas | Debate
  • 13:45 horas | Achegamento e debate sobre as estratexias de comunicación e creación de comunidades para as novas diásporas. Xosé M. Núñez Seixas (AEG-USC) 
  • 14:15 horas | Peche do seminario
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI