New European Bauhaus Galicia

Do 9 ao 12 de xuño a Comisión Europea organiza a primeira edición do New European Bauhaus Festival, un evento híbrido que terá actividades principais en Bruxelas e eventos paralelos en Europa e fóra dela con tres piares: o Foro, a Feira e o Fest. Os días 9 e 10 de xuño na Cidade da Cultura celébrase o New European Bauhaus Galicia, organizado pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.

O evento incluirá mesas de diálogo, unha feira e diversos obradoiros, reunindo persoas, empresas e institucións para compartir proxectos e crear sinerxías en liña cos obxectivos da New European Bauhaus. Trátase dunha ocasión festiva para gozar da natureza e compartir espazos con persoas unidas polo desexo de promover a sustentabilidade, a inclusión e a beleza.

Dúas mesas de diálogo (9 de xuño) porán en valor os catro eixos temáticos: a reconexión coa natureza e o fomento da economía circular (o longo prazo, o pensamento do ciclo de vida e a súa integración no ecosistema industrial); e a construción de pontes cara a unha verdadeira cohesión social, é dicir, a recuperación do sentido de pertenza, e o investimento nos lugares e as persoas que máis o necesitan. Ademais, o día 10 está prevista a celebracón de diversos obradoiros nos espazos verdes da Cidade da Cultura. 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI