O Networking de Industria nace baixo o paraugas do Programa Xove Empresario Comparte, desenvolvido polo Igape e a Federación Galega de Xoves Empresarios-AJE Galicia, co obxectivo de levar a cabo encontros empresariais entre pequenas e grandes empresas galegas co obxectivo de intercambiar experiencias en favor do tecido empresarial da comunidade galega.
Xornada orientada ao empresariado do sector de industria para crear sinerxias, buscar oportunidades de negocio e identificar as necesidades do sector.
Trátase de crear mesas dinámicas nas que tratar temas de interese, expor melloras e realizar contactos estratéxicos e de negocio.
Ao tratarse dun foro participativo e colaborativo, terán cabida as inquietudes, consultas e comentarios de empresas de todos os tamaños relacionadas co sector industrial.
O evento estruturarase intercalando relatorios sobre a Industria 4.0 a cargo da empresa UNIFY e de ASIME, e mesas sectoriais de empresas relacionadas co sector industrial, cada unha cun representante do sector e un moderador.
O evento congregará entre máis de 150 empresas relacionadas co sector industrial do téxtil, naval, automóbil, agroalimentario, tecnolóxico, industria química, construción, aéreo e metal.
PROGRAMA
08.30. Recepción, entrega de acreditacións e café de benvida.
09.00. Inauguración
09.15 Relatorio Comunicacións avanzadas na Industria 4.0 por Nicolás Augado e Jorge Duel da empresa Unify.
10.00. Networking.
11.30. Coffee-break.
12.00. Relatorio "Industria 4.0. Retos, desafíos e vantaxes competitivas" por Enrique Mallón, Secretario Xeral de ASIME.
12.45. Networking.
14.00. Clausura
14.30 Viño español.
INSCRICIÓNS
https://goo.gl/forms/iDrLqL7OOHZO05OD2
Máis información
























