Nadal no Gaiás

O Nadal e o circo teñen moito en común: a maxia, a fantasía, a ilusión e a apertura dun espazo-tempo no que o imposible faise posible. Por iso, do 21 de decembro ao 7 de xaneiro a programación do Gaiás para estas datas tan familiares terá o circo como protagonista, tanto nos seus campamentos-obradoiros como nos espectáculos: Ludo Circus Show e a Gran Gala de Circo, que suporá un festivo e divertido colofón, que terá carácter solidario coa colaboración da Asociación Iniviciativa Social Berce.

Fantasía de Nadal de 'La Fiesta Escénica' será a encargada, a partir do 21 de decembro, de recrear na Cidade da Cultura o ambiente de maxia e ilusión dos circos de inverno, a través de espectaculares escenografías e de pezas abraiantes dos espectáculos cos que teñen percorrido medio mundo.

Ademais, durante o Nadal, o Gaiás converterase nunha efémera escola de circo, grazas ao Campamento do Circo, no que  futuros e prometedores funambulistas, trapecistas, acróbatas e clowns darán as súas primeiras clases.

O que non mudará con respecto a outras edicións é o Concurso de postais de Nadal, no que sempre contamos con orixinais e creativos debuxos nos que os  máis pequenos e pequenas da casa nos debuxan como imaxinan o seu propio Nadal no Gaiás e nunca defraudan. Contamos con vós este Nadal para corear xuntos o entrañable: Pasen e vexan!

 
En familia
 
 
15 DEC ao 6 XAN
10:00 a 20:00h
27 DECEMBRO
17 horas
28 DECEMBRO
12 horas
3 XANEIRO
12 horas
26-27 XANEIRO