O campamento do circo

Acróbata, malabarista, equilibrista ou clown. Este Nadal poderedes ser calquera destes personaxes imprescindibles do circo grazas aos campamento de mañá que celebraremos no Museo Gaiás.

Deste xeito, contaredes cunha divertida e didáctica oferta cultural para estes festivos de Nadal para dar os vosos primeiros pasos en acrobacias de chan,  malabares, equilibrios ou técnicas de clown. Clases divertidas coas que iniciarvos neste fantástico mundo.

Ademais de aprender diferentes técnicas de circo, esta aprendizaxe serviravos para adquirir unha maior sensibilidade pola expresión corporal, o traballo en equipo, o desenvolvemento da creatividade, a mellora na autosuperación, a constancia, o coñecemento do voso propio corpo e a mellora da autoestima... É que o circo sempre dá máis do que recibe!

Estes campamentos circenses non só se centrarán nas disciplinas senón que vos permitirán ademais achegarvos ás escenografías do circo e aos espazos máis descoñecidos da mesma Cidade da Cultura, tanto arquitectónicos como zonas verdes e naturais, da man do departemento de didáctica do Museo Gaiás.

 
En familia
 
22 XUÑ - 21 SET
Todos os venres do 29 de xuño ao 17 de agosto
Dese as 19h ata as 12h do día seguinte
25 Agosto
De 16 a 20 horas