A Música no século XXI

O 12 de maio de 2018 a Cidade da Cultura acolle a xornada multidisciplinar "A Música no século XXI", organizada pola Asociación de Amigos da Banda de Música de Santiago de Compostela. Neste evento abordarase a temática da música desde varias perspectivas, analizando o papel que xoga esta arte nun século XXI dominado pola innovación tecnolóxica.

No encontro, de entrada libra para todo o público interesado, participarán figuras destacadas como o compositor Antón García Abril; o  director de orquesta e tamén compositor José Rafael Pascual Vilaplana; ou o director artístico do Teatro Real de Madrid, Joan Matabosch; entre outras personalidades.

A xornada enmárcase na celebración do 170 aniversario da creación da Banda de Música de Santiago de Compostela, á que se lle pretende dar un novo impulso. Para conmemorar o aniversario, ademais desta xornada, tamén se levarán a cabo outros proxectos como un concerto sinfónico extraordinario coa Banda da Coruña; un documental no que se fará un percorrido pola historia da Banda; ou un recoñecemento ao papel da muller na banda compostelana.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h